Saltar ao contido

Ramón Rey Baltar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Rey Baltar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1882 Editar o valor en Wikidata
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xullo de 1969 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Gerli, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, escritor, xornalista, poeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiManuel Rey Gosende Editar o valor en Wikidata
IrmánsAndrés Rey Baltar
Cesáreo Rey Baltar Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 356269 BNE: XX1041653

Ramón Rey Baltar, nado en Padrón o 5 de abril de 1882 e finado en Gerli (Arxentina) o 3 de xullo de 1969, foi un médico, escritor e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Rey Gosende. Logo de estudar na escola de José María Vidal Cepeda fixo Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en xuño de 1904. Como médico exerceu en Padrón, sendo cesado en 1910 por motivos políticos. En 1912 ingresou como médico da Mariña. En 1914 emigrou a Arxentina, e dirixiu varias institucións médicas en Buenos Aires.

Fundou do xornal El Barbero Municipal de Rianxo, onde Alfonso Daniel Rodríguez Castelao comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense A Nosa Terra e presidiu a Irmandade Galega. Publicou o libro de versos A gaita a falare. Lembranzas e maldicións (1939), texto precursor da poesía civil.

O seu irmán Andrés Rey Baltar foi fusilado polos franquistas ao comezo da Guerra civil española.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]